Saponaria officinalis L
Albitorno, xaboneira, herba concheira,
bataneira.
Hierba jabonera. Lanaria.
Hierba jabonera. Lanaria.
Herba que medra ó pé dos regatos e ríos,
camiños con certa humidade,e bosques de ribeira . É planta glabra, de talos
opostos con follas ovado-lancoladas e con tres ne
rvios. As
flores son terminais e aparecen formado unha cima, de cinco peltalos, enteiros
ou escotados, de rosado a blaquecinos. O froito é unha cápsula cilíndrica.
Florece
de maio a agosto ou ben entrado o mes de setembro.
As follas o
fregalas fan escuma, polo que se poden usar coma xabón. Coma medicinal é
sudorifera, e depurativa.
Aparece
diseminada por todo o pais. entre os 0 e os 1600m de altitude. En Leiro atópase
disemida por toda a beira do Avia, tamén subindo polo Arenteiro.
Distribuese
polo Centro e S de Europa, Caucaso, W de Asia e Madeira. Dispersa por toda a
Península Ibérica.
Saponaria; sapo, jabón. Semella que as raices desta planta eran utlizadas pra lavar a lá, de ahí tamén o nome de lanaria.
Saponaria; sapo, jabón. Semella que as raices desta planta eran utlizadas pra lavar a lá, de ahí tamén o nome de lanaria.