domingo, 30 de septiembre de 2012

Saponaria officinalis L.






   Saponaria officinalis L


Albitorno, xaboneira, herba concheira, bataneira.
Hierba jabonera. Lanaria.

Herba que medra ó pé dos regatos e ríos, camiños con certa humidade,e bosques de ribeira . É planta glabra, de talos opostos con follas ovado-lancoladas e con tres ne
rvios. As flores son terminais e aparecen formado unha cima, de cinco peltalos, enteiros ou escotados, de rosado a blaquecinos. O froito é unha cápsula cilíndrica.


 Florece de maio a agosto ou ben entrado o mes de setembro.
As follas o fregalas fan escuma, polo que se poden usar coma xabón. Coma medicinal é sudorifera, e depurativa.
Aparece diseminada por todo o pais. entre os 0 e os 1600m de altitude. En Leiro atópase disemida por toda a beira do Avia, tamén subindo polo Arenteiro.
Distribuese polo Centro e S de Europa, Caucaso, W de Asia e Madeira. Dispersa por toda a Península Ibérica.


Saponaria; sapo, jabón. Semella que as raices desta planta eran utlizadas pra lavar a lá, de ahí tamén o nome de lanaria.