lunes, 11 de febrero de 2013



          Semella que, o tabaco cultivose por primeira vez nalgún lugar entre Perú e Ecuador e que alí fíxose o primero traballo  de cultivo hai 5000 anos Bp. É sabido que nestas datas dábase un troco importante, íamos do Paleolítico ó Neolítico, xusto cando o potencial vicioso homo sapiens pasaba de nómada a agricultor gandeiro asentado. O seu primeiro cultivo ía facer desta planta Solanacea unha das máis importantes no seu desenvolvemento. Deste xeito, do paso dunha forma de vida a outra, ía facer que o tabaco se convertise e se defundise entre nós e se establecera pouco a pouco nun medio de uso e consumo do que nacería un mundo onírico e de ensoñación , ó mundo sobrenatural; nacerían os chamáns bruxos das comunidades. Desenvólvese unha complexa organización " relixiosa " descoñecida no mundo paleolítico. O lume e o fume era xa de antes, venerado, e chegabase a manexar o fume do tabaco como elemento de comunicación diviña, co mundo dos espíritus, a sociedade pasaba a rexirse polos criterios dos bruxos, homes-mediciña. Así, grazas á mediación dos chamáns, o tabaco  e a resultante do seu fume íase convertir en espíritu  aliado-benefactor que deixaba os seu poderes sobre o que caía, de xeito moi semellante ós ritos cristians  de conversión do pan e viño na eucaristía. Neste contexto déuselle ó tabaco consideración  de producto case diviño e, deu unha impronta de remdio case infalible contra todo tipo de males.

5 comentarios:

Katy Sánchez dijo...

Me ha encantado ver a este indio fumando. Seguro que el tabaco sería puro:-) Un abrazo

mariola dijo...

Quédome co fume venerado, co chamán facendo as danzas e insuflando ese fume sagrado medicinal...

un bico marcelo.

Remei dijo...

A comunicación divina foi cortada pola metade neste mundo que eu creo que se converteu en algo tan banal hoxe tabaco vida, como todos nós.
É moi interesante o que lin.
Marcelo un abrazo.

Remei dijo...

Creo que el traductor va de pena...

:(

balbi lopez dijo...

Encántame esta serie Marcelo, esa relación das orixes do tabaco co fume e o sagrado.

bon fin de semana, bicos